top of page
IMG_6483 2_edited.jpg

Programas

ChatGPT Image Aug 6, 2025, 08_12_43 PM.png

Programa sobre mitos, ritos e lendas. Historias, conversas, reflexións e moito máis contadas desde o CEIP Juana de Vega!

21.jpg

Programa de entrevistas de Radio Cigurat,. Aquí atoparás conversas do alumnado con persoeiros de distinta índole cos que falamos de de temas de interese; patrimonio, sociedade, ocio, cultura, ciencia... achégate ao noso programa de entrevistas!

1.png

O programa sobre arte e artes do CEIP Juana de Vega, contido variado creado á calor do proxecto Arte-Sás e Arte-sáns. Aquí poderás escoitar aventuras, entrevistas, recopilatorios, ficcións e moito máis sobre as artes máis variadas, desde a pintura e a escultura ao cinema, arquitectura, literatura... atréveste a navegar xunto artistas do CEIP Juana de Vega? 

CoidArte-9.png

O podcast de ciencia e mate de Radio Cigurat,. Aquí atoparás ideas, accións, reflexións e conversas do alumnado sobre as ciencias e a matemática, bota unha orella, hai moita ciencia que contar desde o cole!

Pink Minimal Happy Valentine's Day Logo Instagram Post-3.png

Historias doutrora é un programa adicado ás historias dos nosos maiores. Unha fiestra ao pasado na que atopar vivencias e anédoctas, toda unha homenaxe á memoria.

Pink Minimal Happy Valentine's Day Logo Instagram Post.png

Diarios do Noso Camiño. Programa por "etapas", episodios nos cales o alumnado de 6º conta as súas aventuras facendo un máxico Camiño de Santiago (2021-2022)

10.png

Aquí atoparás a programación especial, fóra dos nosos podcasts, programas de entrevistas, etc. Programas especias adicados a conmemoracións, datas sinaladas, eventos, etc.

Pink Minimal Happy Valentine's Day Logo Instagram Post-2.png

Orgullo de vila. Despois de ler e cantar o conto "El Barrio de Colores" de Mar Hontangas os cursos de 3º (2021-2022)  anímanse a crear con arxila e poesía o seu propio barrio, a súa vila chea de casas de cores nas que habitan familias, todas perfectas, todas diversas. Escoita estas bonitas coplas coma canto á diversidade familiar!

IMG_6772.JPG

Radio Nós 2020-2021. Aquí atoparás os programas xerais da radio do curso 2020-2021, especiais das letras galegas, radio emociona, entrevistas e moito máis!

onde viven.jpeg

Onde viven os monstros. Podcast por capítulos de Radio-teatro e sonorización feita polo alumnado de 4ºB (2020-2021) sobre a obra de Paula Carballeira.

pequena compaña.jpeg

A Pequena Compaña. Podcast por capítulos de radio-teatro e sonorización feita polo alumnado de 4ºA (2020-2021) sobre a obra de Carlos Labraña.

  • Blogger - círculo blanco
  • White Instagram Icon

© 2022CEIP JUANA DE VEGA - BIBLIONÓS

bottom of page